3º ESO traballo da lectura

 Vouvos explicar un pouco máis a tarefa que debedes facer despois de ler o libro:

- Knolling literario: o knolling é unha técnica fotográfica que consiste en escoller unha composición de obxectos dispostos de tal maneira que cada un estea a 90º entre si. Despois trátase de tirar unha fotografía cenital.

Nós imos facelo pero literario. Trátase de analizar e representar o libro que lemos mediante obxectos (mínimo 8) que simbolizan ideas, personaxes, espazos, accións, etc.

Buscade un espazo despexado e con luz, pode ser no chan, na mesa...

Observade todos os obxectos que tedes ao redor e pensade os que vos lembre o libro que queredes representar.

Colocádeos de forma ordenada coa mesma distancia entre un e outro, priorizade os obxectos en paralelo e nun ángulo de 90º graos visto desde arriba (perspectiva cenital), de tal forma que resuman o argumento do libro nun vistazo.

Sacade unha foto que me podedes enviar ao correo ou á aula virtual. 

Despois colocádeos nunha caixa ou similar para levar á clase e explicar todo o conxunto e os motivos da vosa elección. Día límite de entrega: venres 19 de xaneiro.

Knolling Literario, Gamificación en ESO: Colegio Bérriz Las Rozas          Como hacer Knolling: el arte de organizar las cosas perfectamente

Knolling Literario, Gamificación en ESO: Colegio Bérriz Las Rozas


Comentarios