Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2023

3º ESO traballo da lectura

Imaxe
 Vouvos explicar un pouco máis a tarefa que debedes facer despois de ler o libro: - Knolling literario: o knolling é unha técnica fotográfica que consiste en escoller unha composición de obxectos dispostos de tal maneira que cada un estea a 90º entre si. Despois trátase de tirar unha fotografía cenital. Nós imos facelo pero literario. Trátase de analizar e representar o libro que lemos mediante obxectos (mínimo 8) que simbolizan ideas, personaxes, espazos, accións, etc. Buscade un espazo despexado e con luz, pode ser no chan, na mesa... Observade todos os obxectos que tedes ao redor e pensade os que vos lembre o libro que queredes representar. Colocádeos de forma ordenada coa mesma distancia entre un e outro, priorizade os obxectos en paralelo e nun ángulo de 90º graos visto desde arriba (perspectiva cenital), de tal forma que resuman o argumento do libro nun vistazo. Sacade unha foto que me podedes enviar ao correo ou á aula virtual.  Despois colocádeos nunha caixa ou similar...